Jornada Cooperación Universidad-Empresa en el marco del Programa Erasmus+

Folleto Erasmus+ Pontevedra2

Xornada Cooperación Universidade-Empresa no marco do Programa Erasmus+

Pontevedra, 6 de xullo de 2017

Presentación

Erasmus+ é o programa europeo para os campos da educación, a formación, a mocidade e o deporte para o período 2014-2020. Está en vigor desde o 1 de xaneiro de 2014 e encádrase na Estratexia Europa 2020, na Estratexia Educación e Formación 2020 e na Estratexia Rethinking Education. Na actualidade, Erasmus+ é o programa único que trata de impulsar as perspectivas laborais e o desenvolvemento persoal, ademais de auxiliar aos diferentes sistemas de educación, formación e mocidade na promoción dun ensino e dunha aprendizaxe que doten ás persoas das capacidades necesarias para o mercado laboral e a sociedade actual e futura. Este programa focaliza parcialmente o seu interese na aprendizaxe formal e informal, tanto dentro a como fóra das fronteiras da Unión Europea. Pretende, así, contribuír á inserción laboral dos xoves, aumentar a súa empregabilidade, a través da mellora das súas habilidades e da adquisición de experiencia laboral e, en último extremo, facilitar a libre circulación das persoas. Os seus destinatarios son tanto particulares (xoves, estudantes, persoas adultas, profesorado, formadores, voluntarios…) coma organizacións (escolas, institutos, universidades, institucións de educación e formación, empresas, asociacións, clubes…). Precisamente, Erasmus+ tamén trata de incentivar a cooperación entre a universidade e a empresa para reforzar tanto o potencial empresarial como a súa capacidade de resposta fronte ás novas necesidades xurdidas no terreo laboral.

O obxectivo desta Xornada consiste en ofrecer unha panorámica das posibilidades de cooperación universidade-empresa e das canles de financiamento dispoñible a través de Erasmus+.

Lugar de celebración: Vicerreitoría do Campus de Pontevedra, Casa das Campás

Data e hora: xoves, 6 de xullo, de 12 a 14 horas.  Inscrición gratuíta: vic.pon@uvigo.es

Programa

  1. O Programa Erasmus+: Introdución á cooperación universidade-empresa, Celso Cancela Outeda, Universidade de Vigo.
  2. Financiamento dispoñible e accións específicas de cooperación. Acción clave KA2, Eva Garea Oya, Universidade de Vigo.
  3. Exemplos de boas prácticas na Universidade de Vigo na colaboración Universidade-Empresa.

3.1 Proxectos Edulink Heems (Cabo Verde, Mozambique e Sao Tomé e Príncipe) e Tempus Momate (Arxelia, Marrocos e Túnez), Ángel Manuel Sánchez Bermúdez, Universidade de Vigo

3.2 Proxecto CIAKL (Alemaña, España, Estonia, Holanda, Hungría e Portugal), Juan Manuel Corbacho Valencia, Universidade de Vigo.

Organiza e patrocina: Cátedra Jean Monnet Understanding the UE in the 21st century (Comisión Europea)